Martes. 23.04.2024
El tiempo

Dous talleres de confección do polígono de Bértoa, denunciados por incumplir as novas restricións

Dous talleres de confección do polígono de Bértoa, denunciados por incumplir as novas restricións

As novas restricións sobre a necesidade de cese de todas as actividades excepto as denominadas esenciais, fai que a Garda Civil de Carballo teña que continuar con continuas inspeccións. Este luns, membros da Área de Investigación da Garda Civil de Carballo, localizaron no Polígono de Bértoa, dous talleres que se dedican á confección textil, con 30 e 14 traballadores traballando respectivamente. Ningunha tiña posto ningún tipo de protección persoal.

Os responsables das empresas manifestaron á patrulla que se atopaban cesando a actividade pero a Garda Civil elevou a denuncia.

Comentarios