Luns. 16.09.2019
El tiempo

Unha empresa de Cogami recollerá o papel e cartón das empresas do polígono de Carballo “porta a porta”

Sinatura do convencio entre os propietarios do polígono de Carballo e Cogami

Boa iniciativa a que veñen de asinar os empresarios de Carballo coa empresa de reciclaxe Coregal. A entidade empresarial, COGAMI Reciclado de Galicia S.L. (COREGAL) pertence á Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) e forma parte de Galega de Economía Social. Así, Coregal é un centro especial de emprego sen ánimo de lucro que inicia a actividade en 1994 con 4 empregados e hoxe en día conta con 175 traballadores, dos cales máis do 90% teñen algunha discapacidade.

Tras este convenio, todos os xoves, en horario de 15 horas, Coregal realizará o servizo de recollida, carga e transporte do papel, cartón e plástico xerado polas empresas adheridas á comunidade de propietarios do polígono carballés, un servizo que se denomina “Porta a porta”, que consiste na recollida dos residuos diante das instalacións das empresas utilizando para iso un camión compactador con condutor e peón operario.

Comentarios