A Escola do Alpendre propón Obradoiros de tradición para este verán en Carballo
![escola alpendre Carballo obradoiros tradicionais](/asset/thumbnail,992,558,center,center/media/quepasanacosta/images/2023/07/07/2023070712583143031.jpg)
É o caso de iniciación á pandeireta, para mozos e adultos, que imparte Iria López.
A partir de aí irán caendo outros de iniciación de Baile solto con Hadrián García; Gaita e percusión con David Puñal; de pandeiro cadrado con Iria López (que incluirá unha sesión de construción).
Tamén, hai opcións de Canto e baile miúdo para nenos de 0 a 6 e de xogos mediante danzas tradicionais para nenos a partir de 6 anos con Rocío Bello.
Xa contra o final haberá outras sesións máis completas para profundizar sobre o baile nas terras de Soneira con Hadrián García; da pandeireta na comarca de Ordes con Iria López; do baile como acompañamento instrumental con Hadrián García, e de creación de melodías tradicionais con David Puñal.
Todos os obradoiros serán impartidos neste mes de xullo no 2º andar do mercado municipal de Carballo, agás o de construción de pandeiro cadrado que será no Centro Social de Oza.
Cómpre inscribirse en [email protected].