martes. 07.04.2026
El tiempo

Estabilizado o doble incendio forestal entre A Laracha e Carballo tras afectar máis de 150 hectáreas

  • Última hora, 23:00h: O incendio está cunha superficie provisional afectada de 150 hectáreas
  • 5 vivendas dos lugares de Outeiro e Campo da Costa, en Caión, tiveron que ser desaloxadas de forma preventiva. Afortunadamente, todas elas puideron regresar aos seus fogares, sen que se rexistrasen danos en vivendas.
Incendio en Caion
Imaxe do incendio de Caión
Estabilizado o doble incendio forestal entre A Laracha e Carballo tras afectar máis de 150 hectáreas

Está a comarca de Bergantiños pendente de dous fortes incendios forestais. Dábanse en paralelo, a partir das 14:20h desta tarde de luns, un incendio na parroquia carballesa de Noicela e un en Caión, A Laracha.

Co paso das horas, os dous lumes uníronse nunha longa fronte de máis de 2km de lonxitude.

Pasadas ás 23:00h, as últimas estimacións provisionais indican que os lumes afectan unha superficie de 150 hectáreas, quedando estabilizado. Para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 13 axentes, 16 brigadas, 14 motobombas, 1 pa, 3 unidades técnicas de apoio, 3 helicópteros e 4 avións, que estiveron atravesando a cidade da Coruña para coller auga na ría de Betanzos. 

Dende o Concello da Laracha, aseguran que se trata do segundo incendio rexistrado en Caión en poucos días, polo que se fai un chamamento á colaboración e á responsabilidade de toda a veciñanza para evitar que situacións como esta se volvan producir.

Imaxe do incendio forestal de Caión arredor das 18:00h da tarde-Foto-@EloyTP
Imaxe do incendio forestal de Caión arredor das 18:00h da tarde-Foto-@EloyTP


A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.

Comentarios