Xoves. 28.03.2024
El tiempo

#EuqueroaCarballo: o #ILoveNY en clave bergantiñán

#EuqueroaCarballo: o #ILoveNY en clave bergantiñán

Herdando o espírito da famosísima campaña dos anos 70 “I love NY”, Carballo abríu onte, Día dos Namorados, unha campaña en positivo para incentivar o bo sentimento sobre a vila, e ao tempo servir de imaxe de marca para mellorar a oferta turística.

”Eu quero a Carballo” xa percorreo todas as parroquias (como vemos no vídeo inferior), e invita a toda a veciñanza a pousar e mandar fotos ás redes sociais con esta etiqueta.

Entre as accións realizadas, houbo un reparto de bolsas da compra reutilizables en todos os postos do Mercado Municipal, a distribución de marcapáxinas entre todo o alumnado de secundaria e Bacharelato dos tres institutos e do Colexio Artai ou o reparto de dispensadores de bolsas para recoller as deposicións dos cans, esta unha tarefa con especial interese dadas as continuas queixas da veciñanza.

Mentres a campaña continñua pódese recoller Biblioteca Municipal Rego da Balsa, obxectos promocionais da campaña con cada préstamo (chapas, pulseiras, adhesivos…). E ademais será o punto de recollida de adhesivos para os parabrisas dos vehículos para todas as persoas interesadas, de balde e ata fin de existencias.

Comentarios