Venres. 29.03.2024
El tiempo

Evacúan un rapaz durante un encontro nas Eiroas

IMG-20210612-WA0014
Evacúan un rapaz durante un encontro nas Eiroas

Enorme o susto que levou a familia do Bergantiños, e do Lalín está tarde de sábado no campo das Eiroas. Disputábase un encontro da segunda fase da Liga Galega Infantil entre o equipo local e o das terras do Deza, cando a piques de chegar ao descanso dous xogadores do Lalín chocaban, provocando que un deles quedará no chan, convulsionando.

Afortunadamente, había unha sanitaria na bancada, que rapidamente, seguindo as instrucións do 112, puido reanimar ao rapaz.

Pronto chegaron Helicóptero e Ambulancia, para trasladado, xa consciente, ao Hospital de Santiago. Segundo o cadro lalinense oxogador do Lalín atópase fóra de perigo, estará en observacion 24 horas para ver como evoluciona da conmoción.

Comentarios