Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Falece unha persoa nun accidente en Sofán

ambulancias recurso
Falece unha persoa nun accidente en Sofán

Fatídico accidente o acontecido na tarde de onte en Sofán, Carballo. Unha persoa faleceu e dúas resultaron feridas tras a colisión entre un turismo e un camión de transporte de animais. 

Aconteceu ao redor das 19.00 horas deste domingo, e ao lugar achegáronse os Bombeiros de Bergantiños, a Garda Civil, a Policía Local de Carballo e membros de Protección Civil de Carballo.

Pese ao esforzo dos servizos de emerxencia, non puideron facer nada para salvar a vida á persoa falecida. Outras dúas persoas feridas foron trasladadas ao Hospital.

Comentarios