Sábado. 27.04.2024
El tiempo

As familias do CEIP Xesús San Luis Romero de Carballo saen á rúa contra os recortes

Concentracion recortes CEIP Carballo
As familias do CEIP Xesús San Luis Romero de Carballo saen á rúa contra os recortes

”Estamos fartas dos recortes en educación”. Así de rotundas manifestáronse esta pasada mañá de xoves as familias do CEIP Xesús San Luis Romero de Carballo na Praza do Concello ante os recortes propostos dende a Consellería de Educación de cara ao curso 23-24.

Apoiadas polas Anpas Galegas e a Federación Provincial de ANPAS A Coruña- Costa da Morte, deixaron claro o seu rotundo rexeitamento ao recorte de profesorado do centro, e o peche dunha aula de educación infantil.

Pero é que ademais a Consellería anunciou non continuidade da actual PT, así como o traslado forzoso de dúas recoñecidas docentes.

Concentracion recortes CEIP Carballo 2

Concentracion recortes CEIP Carballo 1

Apoio do PSOE e BNG

PSOE de Carballo na concentracion contra recortes no ensino
Membros do PSOE na concentración

Non faltou unha comitiva do PSOE, coa presenza dos candidatos socialistas nas vindeiras eleccións xerais Diego Taibo e Fabián Canosa, e mais coa da vicevoceira da formación no Parlamento galego Begoña Rodríguez Rumbo. Os socialistas xa anunciaron que levarán as reivindicacións dos afectados ao Parlamento galego e sinalaron que “non se pode basear a educación dos nenos e as nenas en ratios”.

Despois da concentración foron recibidos polo alcalde Evencio Ferrero (BNG), Mar Eirís e Dani Pérez,, que tras escoitar toda a problemática concreta ofreceron toda a colaboración do Concello. A idea é presentar unha proposta conxunta entre PSOE e BNG no Parlamento.

Comentarios