venres. 18.07.2025
El tiempo

Ferida grave unha muller ao caer dende un terceiro piso en Carballo

Ferida grave unha muller ao caer dende un terceiro piso en Carballo
Unha muller resultou ferida de carácter grave despois de precipitarse dende a fiestra dun terceiro andar dun edificio situado na rúa Perú de Carballo. Segundo os datos facilitados ao 112, a muller caeu a un patio de luces. Antes de recibir asistencia sanitaria, a vitima tivo que ser rescatada por unha dotación de Bombeiros e a continuación foi trasladada por unha ambulancia ao CHUAC. Os feitos aconteceron sobre as 15:55 horas de hoxe, momento no que un particular alertaba aos equipos de Emerxencias do acontecido. Ata o lugar do suceso acudiron os bombieros de Carballo, axentes da Policía Local e os servizos sanitarios. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • 112

Comentarios