venres. 24.01.2025
El tiempo

Fernando Cabeza Quiles ofrece propostas inéditas sobre a toponimia dos celtas brigantinos

PRESENTACIÓN CARBALLO A toponimia dos celtas brigantinos
Fernando Cabeza Quiles ofrece propostas inéditas sobre a toponimia dos celtas brigantinos

Este xoves, día 12 de decembro, ás 20:00 h., o espazo cultural Espiral Maior Foro (Rúa do Sol, 34), acolle unha presentación. Desta volta é o escritor e profesor Fernando Cabeza Quiles, o que trae “A toponimia dos celtas brigantinos e doutros pobos da Gallaecia” [Edicións Espiral Maior], a súa última entrega de investigación toponímica e histórica.

No acto, organizado en colaboración coa Asociación Cultural Lumieira e co Instituto de Estudos Bergantiñáns, participarán, ademais do autor, a profesora Caro Pacoret, o escritor e presidente do Instituto de Estudos Bergantiñáns Xan Fernández Carrera, e o escritor e director de Edicións Espiral Maior Miguel Anxo Fernán Vello.

O libro ofrece propostas toponímicas novidosas, ata o de agora inéditas, e porfía en exhumar, para que resucite, un período da historia antiga de Galicia pouco coñecido e especialmente ignorado, cal é o dos celtas ou celtici do antigo territorio galego. A toponimia dos celtas brigantinos e doutros pobos da Gallaecia contribúe a librar do esquecemento o atlantismo galego —complemento sine qua non do celtismo—, ignorado e disimulado a mantenta polo poder centralizador de corte e intereses mediterráneos.

Outras novas
 

Comentarios