Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Festival Contra-Letras encheu o Casino1889 de improvisación literaria

  • A entidade celebra a súa asemblea anual o venres 2 de xullo
 Sonia Varela, Mónica Cores e Olívia Pena
Sonia Varela, Mónica Cores e Olívia Pena durante o Festival Contra-Letras
O Festival Contra-Letras encheu o Casino1889 de improvisación literaria

Volvía a actividade ao Casino1889 esta pasada fin de semana co Festival Contra-Letras, un evento adiado durante o mes de maio, que traía de novo á actualidade a cultura galega. Personalidades como Iria Taibo e Raquel Senra, Pilar Carro e Marisa Guerra foron pasando pola mesa do Casino para falar de poesía, de lingua, de cultura…

O Contra-Letras é un festival pequeniño, de minorías, pero con moi bo ambiente e moita proximidade entre as persoas convidadas e as que participan. De aí a satisfacción da activa asociación que devolve a vida este espazo centenario.

Especial interese acolleu o singular concurso micro-relatos en tempo real, si case que improvisación literaria. Os anos anteriores o tamén literario era mñais á moda tradicional, e había máis participación, “pero apetecíanos cambiar un pouco e facer algo máis acorde coa nosa esencia alternativa ;)”, explícanos Olívia Pena, coordinadora da actividade.

Participaron sete persoas (cinco pasaron para a segunda fase e tres para a final, en que se determinaba só a orde dos premios). O xurado estivo formado por Sonia Varela, licenciada en Filoloxía Galega e profesora de galego, e Mónica Cores, licenciada en Pedagoxía Terapéutica e autora e responsable do blog de literatura "Libros e outros contos". Os gañadores foron: Xoán García López (1º), Vítor Lourenzo (2º) e Carmen Mª Taibo (3º).

Ganadores Festival Contraletras do Casino1889 de Carballo
Xoán García López (1º), Vítor Lourenzo (2º) e Carmen Mª Taibo

Asemblea

O vindeiro venres 2 de xullo terá lugar a Asemblea Xeral Ordinaria da sociedade no Auditorio do Pazo da Cultura, que o Concello de Carballo nos cede para poder levar a cabo este acto coas maiores medidas de prevención sanitaria. Será ás 20:00h en primeira convocatoria e ás 20:30 en segunda.

As persoas que queiran asistir deberán confirmar a súa asistencia no teléfono 645 896 772 ou no email [email protected], para termos unha previsión do aforo o antes posible. Haberá tamén a opción de asistir telematicamente a través dun streaming directo que se habilitará o propio día da asemblea. As persoas socias interesadas deberán contactar co Casino para recibiren a ligazón da conexión. Ademais, para poderen asistir será necesario tamén que, aquelas persoas socias que non estean ao corrente no pagamento das cuotas, o fagan antes do 2 de xullo.
 

Comentarios