O FIOT abre o prazo do certame de Micro-Escenas Metro Cadrado

Queda un tempo para a nova edición do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT), pero a organizadora Asociación Cultural Telón e Aparte xa está preparando a nova edición. Faino abrindo a convocatoria da quinta edición do Certame de micro-escenas metro cadrado, un concurso de proxectos escénicos de pequeno formato que axuda á creación emerxente usando espazos non teatrais que pasan a convertirse en protagonistas da trama.
Os artistas terán que desenvolver pezas de 10-20 minutos especificamente deseñadas para espazos como a Biblioteca, a alcaldía, o palco da música, a cafetaría, a skate praza, a ponte sobre o río, o horto urbano, a Aula de información empresarial, o balcón do Concello de Carballo (público na praza), o Parque infantil, o Parque para maiores ou a Pista deportiva.
Cada unha das pezas seleccionadas levará unha compensación de 450€ e ademais poderán ser valoradas polo público para optar a premios de 150€.
Dende o Concello esperan recibir moitas propostas, despois das 48 recibidas o ano pasado, das cales se representaron 6.
Poden inscribrirse en fiot.microteatro@gmail.com.
Novas relacionadas
- Outubro 2020: A innovación do #FIOTenpausa achegou o teatro ás novas xeracións.
- 2020: O FIOT innova por pandemia.
- 2020: “A ficción sonora “A lúa, válvula de spray” crea un discurso artístico coa cidade”.
- 2020: Carlos Alonso, Xograr de Outono desta singular edición do #FIOTenpausa 2020.
- 2019: As impresionantes cifras do FIOT, a maior oferta teatral de Galicia.