O FIOT repite un ano máis entre os mellores proxectos culturais de Galicia no Observatorio da Cultura de 2025

Unha imaxe do agradecido público no FIOT 34 2 © Vanessa Rabade

Non falla o FIOT, que segue deslumbrando en todo o país. Carballo mantén a súa firme aposta por este programa teatral que compite con eventos celebrados en cidades como Santiago (a máis presente), Coruña, Pontevedra, ademais de Redondela e Rivadabia, as outras dúas vilas que se cola entre os 10 mellores proxectos culturais de Galicia que define Observatorio da Cultura de 2025.

O FIOT sobe ata a 3ª posición –xunto ao Festival Sinsal, o Centro Dramático Galego e a Bienal de Pontevedra– na listaxe de mellores iniciativas culturais galegas que anualmente elabora a prestixiosa Fundación Contemporánea naciona. Por diante só quedaron o programa do CGAC. Centro Galego de Arte Contemporánea e da Cidade da Cultura de Galicia, que xogan noutra liga.

Continúa así o FIOT afianzándose commo referente a nivel galeto e estatal. En 2022, o FIOT foi recoñecido neste informe como o mellor da cultura galega e, polo tanto, Insignia Cultural de Galicia, mentres que en 2024 acadou a cuarta posición.

O informe ofrece unha radiografía anual do estado da cultura en España, e por comunidades, e reúne máis de 500 propostas culturais —museos, centros de arte, teatros, festivais, feiras, bibliotecas, proxectos dixitais e rurais—. En 2025, o estudo foi elaborado a partir da valoración de 443 profesionais do sector e mantén a Galicia como a sexta comunidade pola calidade e innovación da súa oferta, e superando por primeira vez o 20% dos votos.

 

 

O evento, que espera aínda a súa nova edición para o outono, ten aínda pendente para a vindeira semana a estrea de "Territorio Regueifa", cuias entradas seguen á venda.