Domingo. 05.05.2024
El tiempo

O FIOT, 5º proxecto cultural máis importante de Galicia no 2023

Publico FIOT 2023 - El traje © Vanessa Rábade 37 copia
Público na función El Traje do FIOT 2023 - © Vanessa Rábade
O FIOT, 5º proxecto cultural máis importante de Galicia no 2023

O ano pasado foi escollido como o Evento Cultural máis importante do 2022, recibindo o premio de Insignia Cultural de Galicia. Este 2023, o Observatorio Cultural Galego da Fundación Contemporánea vén de escoller o Festival Internacional Outono de Teatro - FIOT entre os 5 principais eventos do noso país, unicamente superado pola Cidade da Cultura, o Festival Sinsal de San Simón, o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) e o Teatro Rosalía de Castro. 

Así é a parte máis alta desta clasificación feita a través dun panel de expertos de primeiro nivel, na que participaron 414 profesionais da cultura dos ámbitos público, privado e independente.

O recoñecemento que vén acadando o FIOT ano tras ano resulta especialmente relevante debido a que os/as integrantes do panel sinalan ata 10 institucións e acontecementos culturais como os máis destacados do ano de referencia, nunha consulta aberta na que non se aporta ningún nome. O festival carballés recibiu nesta ocasión o apoio do 25% dos/as participantes, competindo directamente con Cineuropa e o Museo de Belas Artes da Coruña.

No ránking estatal do 2023 figuran dous proxectos galego, o Centro Galego de Arte Contemporánea (Santiago de Compostela) e a Fundación MOP, o que amosa da altísima calidade das iniciativas valoradas polos expertos.

Máis novas

Comentarios