mércores. 30.04.2025
El tiempo

O FIOT viaxa de África a Arxentina pasando por Comesaña

Osikan presentando Eyila no FIOT
Osikan presentando Eyila no FIOT
O FIOT viaxa de África a Arxentina pasando por Comesaña

Arrincaba onte a Axenda desta fin de semana do FIOT. E facíao da man de Jose Ramón Hernández, Osikan, que compartía o resultado do proceso creativo realizado no marco do proxecto Residencia Paraíso que gozou durante o pasado verán na capital carballesa. Osikan presentou o resultado da experiencia “Eyila ashé ebbora-archivo vivo de la experiencia”, unha peza coa que explota a espiritualidade como potencia política para a transformación social. Un traballo inspirado nos saberes das persoas afro, trans, racializadas e migrandes do sur global. 

E non para a 33ª edición do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, o FIOT, que trae esta fin de semana tres novas propostas no marco do OTNI e do seu Programa de Sala: por unha banda, a galega Paula Quintas presentará a estrea absoluta de Multiperspectivas#3, a súa nova creación, o venres, 18 de outubro, ás 20.00h, no Salón de Actos do Pazo da Cultura de Carballo. 

Xa o sábado 19 de outubro, ás 20.00h, chegaralle a súa quenda á estrea en España de El brote, da compañía Criolla. Cun ritmo vertixinoso, esta comedia, por momentos moi negra, móstranos a cara interna do teatro e retrata con acidez as relacións humanas e as frustracións contemporáneas, convidándonos a mirarse e buscar os límites propios.
Ao finalizar a representación, no mesmo auditorio do Pazo da Cultura, terá lugar a entrega do galardón Xograr de Outono 2024 a Avelino González, natural de San André de Comesaña. Unha das citas da finde semana dende logo.

Antes, na mesma xornada do sábado 19, ás 12.00, 13.00, 18.00 e 19.00h, chegan ao FIOT dúas novas propostas de micro-teatro no marco do Certame Micro-Escenas M2Rebel Rebe, de Vórtice Escénico, que poderá verse na tenda de roupa Akira; e Teño un carabel no peito, de Aviva-Lo, na Fonte da Cristina.

Finalmente, este domingo, 20 de outubro, ás 20.00h, no Pazo da Cultura de Carballo, Malena Alterio regresará ás táboas de Carballo para presentar a función Los amigos de ellos dos, unha omedia dramática reflexiona sobre como as persoas se senten valoradas polos seus achegados, as inseguridades e percepcións que os rodean, e papel que cada un ocupa nesta sociedade.
No marco das actividades paralelas, o público poderá asistir a unha conversa coa artista Paula Quintas, nunha nova sesión de Onda FIOT – Escola do Espectador nas Ondas, o sábado 19, ás 13.00h, no Salón Social do Pazo da Cultura; e, tamén, a un ‘Café con’ con Malena Alterio e David Lorente, o domingo 20, no Salón da TV, ás 18.00h. Ambos encontros son de libre acceso ata completar a capacidade da sala.

 

AXENDA DO #FIOT33 DO 18 AO 20 DE OUTUBRO 

VENRES 18 DE OUTUBRO

OTNI

  • Multiperspectivas#3. Paula Quintas (21.00 h no Salón de Actos do Pazo da Cultura )

 

SÁBADO 19 DE OUTUBRO

Onda FIOT: Escola do Espectador nas Ondas

  • Conversa aberta ao público sobre Multiperspectivas#3 Con Paula Quintas, moderada pola xornalista de TVE especializada en artes escénicas Machús Osinaga

Micro-Escenas M²

  • Rebel Rebe. Vórtice Escénico (12.00, 13.00, 18.00 e 19.00h na tenda de roupa Akira )
  • Teño un caravel no peito. Aviva-Lo (12.00, 13.00, 18.00 e 19.00h na Fonte da Cristina)

Programa de Sala

  • El brote. Compañía Criolla (20.00 h no Auditorio do Pazo da Cultura)

Ao rematar a función terá lugar a entrega do galardón Xograr de Outono 2024 a Avelino González

DOMINGO 20 DE OUTUBRO

Café con...

  • Conversa aberta ao público en torno á representación de Los amigos de ellos dos. Con Malena Alterio e David Lorente (18.00 h no Salón da TV do Pazo da Cultura)

Programa de Sala

  • Los amigos de ellos dos. Producciones [Off] e Vania (20.00 h no Auditorio do Pazo da Cultura)

Poden ver na web o programa completo.

Comentarios