O FIOTenpausa non para

FIOTenpausa
de espectáculos da última fin de semana do FIOT en pausa. Unha segunda fin de semana chea de obras singulares, para as que quedan as últimas entradas.
Por exemplo, hoxe venres 16 de outubro, ás 19.00 horas sairá do Fórum Carballo (rúa Luis Braille) unha nova representación itinerante da obra creada por FIOT e LIDISS e presentada a semana pasada, A lúa, válvula de spray.
Ademais, o propio venres ás 21.00 horas o Pazo da Cultura acolle a estrea A xente 2.0, de Amorodos Producións.
O sábado comeza con microescenas
ferro, federici excerpt from Helena Salgueiro on Vimeo.
O sábado arrinca ás 12:30 co IV Certame de Micro-Escenas M2. O Salón de Plenos da Casa do Concello acolle a obra Ferro, Federici, de Helena Salgueiro, que se repetirá ás 13:30, 18.00 e 19.00 horas.
Paralelamente, ás 12.30, 13.30, 18.00 e 19.00 horas a Ludoteca municipal acolle outra proposta do certame: Lara Hierro: monólogo para o corpo en movemento, de Constance Hurlé.
Xa ás 19.00 horas hai nova saída de A lúa, válvula de spray. E Ás 20.30 horas o Pazo da Cultura acolle Liberto, de Rebordelos.
Liberto from Rebordelos on Vimeo.
O domingo hai novas saídas ás 13.00 horas e 19.00 horas de A lúa, válvula de spray.
E pechará o programa unha das estrellas, Prostitución, de Check-in Producciones, con Carmen Machi, ás 20.30 horas no Pazo da Cultura
Novas relacionadas
- “A ficción sonora “A lúa, válvula de spray” crea un discurso artístico coa cidade”
- Abre a reserva e venda de entradas en liña para o #FIOTenpausa
- Carlos Alonso, Xograr de Outono desta singular edición do #FIOTenpausa 2020.
- 2020: Debullando o programa do FIOT en pausa: Un oasis cultural en medio da pandemia .
- 2020: O FIOT dalle á pausa pero non a stop.
- 2019: As impresionantes cifras do FIOT, a maior oferta teatral de Galicia.