venres. 27.02.2026
El tiempo

O Galidoc continúa coas Curvas de Alejandro Gándara e Ariadna Silva

Alejandro Gandara nos Premios Foucino 2025
Alejandro Gándara é ademais un dos organizadores dos Premios Fouciño
O Galidoc continúa coas Curvas de Alejandro Gándara e Ariadna Silva

Este sábado 28, ás 19:00h. continúa o Casino1899 co segundo documental do GALIDOC"360 curvas", un traballo de Alejandro Gándara Porteiro (Baio, 1993) e Ariadna Silva Fernández (A Estrada, 1996) dous cineastas cunha marcada sensibilidade pola linguaxe documental e a relación co territorio. Alejandro codirixiu a longametraxe "Dorothé na Vila", finalista nos Mestre Mateo, e diversos formatos documentais. Ariadna foi premiada polas curtas "Friccións" e "O intruso". As súas obras foron seleccionadas en festivais como Play-Doc ou Novos Cinemas.

En 2024 inician o seu primeiro proxecto conxunto, "360 Curvas", unha longametraxe documental sobre os conflitos sociais acontecidos a comezos dos anos 90 na Fonsagrada.
As 360 curvas que separan A Fonsagrada de Lugo non son só un accidente xeográfico: simbolizan a distancia entre os habitantes da vila e os lugares onde se toman as decisións que condicionan o seu futuro. '360 Curvas' reconstrúe a historia dun pobo que loita pola súa supervivencia, por manter os seus servizos e por frear unha despoboación que continúa a marcar o seu destino.

Haberá coloquio posterior á proxección e contaremos coa presenza dun dos directores, Alejandro Gándara, para compartir impresións co público e afondar no contexto social e político que aborda o documental.

360 Curvas

Comentarios