O GALIDOC devolve a cultura ao Casino 1889
11:05 12/01/21
A II edición do GALIDOC, o ciclo de cine documental do Casino1889, xa está aquí. Mudou decembro por xaneiro, pero este sábado 16 arrincará coa proxección do documental “Fíos Fóra”, da produtora galega Illa Bufarda:
Fíos Fóra // promo 1 from Illa Bufarda on Vimeo.
O programa continuará o sábado 23 de xaneiro, tamén ás 19:00h, cunha proxección de María Lobo e Roi Guitián.
A cita do 30 de xaneiro será con Sabela Souto.
E pecharase o ciclo o 6 de xaneiro, cunha cunha peza creada especialmente para o GALIDOC por Sol Mussa e Noa Rodríguez.
En todas as sesións faremos unha pequena presentación antes da proxección e remataremos cun coloquio coas autoras, na que o público asistente poderá compartir as súas preguntas e reflexións arredor dos filmes.
Novas relacionadas
- Decembro 2019: Fin de semana de maratón audiovisual no Casino 1889.