Habilitan un aparcamento anexo ao CEIP Gándara-Sofán
07:05 11/01/17
Luis Lamas e Evencio Ferrero supervisaron as obras que foron posibles grazas á colaboración veciñal
O concello de Carballo e os veciños e veciñas da parroquia de Sofán veñen de condicionar o aparcamento situado xunto ao CEIP Gándara-Sofán grazas á aplicación do regulamento municipal de Participación Veciñal. Ésta é a segunda vez que resulta exitosa a colaboración despois da experiencia pioneira que supuxo a adquisición dun terreo anexo á igrexa para construír a praza que foi finalista no 2013 dos premios do Colexio de Arquitectos de Galicia na categoría de Espazos Abertos Públicos.
O concello de Carballo e a veciñanza volveron a poñerse de acordo para comprar unha superficie anexa ao centro escolar que supera os 5.000 metros cadrados, e que ofrece, polo tanto, numerosas opcións de aproveitamento a curto, medio e longo prazo. A primeira posibilidade xa se materializou co acondicionamento do aparcamento, que ten capacidade para cen vehículos, aproximadamente. A actuación completarase coa creación dun novo acceso ao recinto escolar dende o propio aparcamento para evitar riscos, do mesmo xeito que, na procura da maior seguridade viaria posible, a zona de estacionamento dos autobuses está separada da dos coches privados.
O alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Obras e Servizos, Luis Lamas, supervisaron o remate da obra, que facilitará substancialmente a mobilidade de docentes e familias ás horas de entrada e saída do colexico. Noutra parte da ampla superficie mercada a medias entre o concello de Carballo e a parroquia de Sofán realizarase unha plantación de árbores autóctonos, como se fixo en Artes, outra das parroquias onde se utilizou o modelo de colaboración entre o concello e a veciñanza xunto con Berdillo, Oza e Ardaña. Nesta última afrontaremos este ano a construción dun centro social. A obra está pendente de adxudicación.
Novas relacionadas
- Rematou superando espectativas a primeira fase de constitución dos 17 Consellos Parroquiais de Carballo
- 300 persoas xa forman parte dos Consellos Parroquais de Carballo.
- A metade das parroquias de Carballo xa teñen Consellos Parroquiais.
- Os pioneiros Consellos Parroquiais carballeses seguen formándose.
- Comezan as reunións en Ardaña e en Oza para a constitución dos Consellos Parroquiais.
- Agora/Ágora, unha proposta anónima de participación cidadá dende a Costa para o mundo electoral.
- Redacción QPC ([email protected])
- Concello de Carballo