mércores. 09.07.2025
El tiempo

Holanda busca fontaneiros en Carballo

Holanda busca fontaneiros en Carballo

A Bolsa de Traballo (BDT) do Concello de Carballo conta cos últimos días para participar no proceso de contratación de fontaneiros/as para traballar en Holanda.Entre o luns e o martes pecharase a admisión de candidatos/as para o proceso de contratación de profesionais da fontanería, tras unha oferta que chegou dunha empresa daquel país que selecciona 30 postos de fontaneiro/a para unha empresa da construción, un sector en auxe en Holanda que precisa de man de obra cualificada, sobre todo en instalación de calefacción. Neste caso demandan fontaneiros de primeira e de segunda, que deben xustificar tres anos de experiencia como mínimo e que, preferentemente, aínda que non é imprescindible, deben saber manexarse en inglés.

Segundo informou o representante da empresa que se puxo en contacto coa BDT, despois de localizar o servizo grazas ás redes sociais, os contratos iniciais serán de 4 meses de duración. A empresa corre con todos os gastos, tanto de desprazamento coma de aloxamento. Antes de empezar a traballar os profesionais deben realizar un curso de prevención de riscos específico (non están homologados os que se imparten en España) e asígnaselles un número de identificación fiscal para que poidan asinar o contrato. A xornada laboral é de 7 a 15 horas, e os fontaneiros traballan en grupos de dous.

Persoal da empresa tiña previsto desprazarse a vindeira semana á cidade da Coruña para realizar a selección, pero en función do número de candidatos/as o proceso podería desenvolverse en Carballo. A BDT xa ten varias persoas inscritas, incluído un veciño de Ciudad Real que localizou o servizo tamén a través de Internet, pero as persoas interesadas aínda poden anotarse, ben no 2º andar do Fórum Carballo ou ben a través do número de teléfono 981 709 011.

Desmonte en Cances

DESMONTE CANCES 2

Veñen de comprobar os veciños de Cances a importancia dos Consellos Parroquais. Unha das súas peticións levouse a cabo esta fin de semana, e gracias á obra xa non terán este ano problemas de espazo para instalar a carpa da Festa do Pichorro ou para contratar orquestras con grandes tráilers, porque a ampla zona pública que rodea o centro social e as escolas será aínda máis grande co desmonte que se está a levar a cabo. A empresa Construcciones Dámaso Ferreiro encárgase da execución dos traballos, que se completarán co acondicionamento da zona para o seu uso público.

Fonte

  • Concello de Carballo.

Comentarios