Luns. 29.04.2024
El tiempo

A hostalería carballesa, sempre en galego

Salvamanteles en galego en Carballo
O alcalde, Evencio Ferrero e a concelleira de Normalización Lingüística, Ángeles Pacoret no Mercado cos novos salvamanteis
A hostalería carballesa, sempre en galego

Nova campaña de normalización e a promoción da lingua galega do Concello de Carballo. Desta volta, en colaboración do sector hostaleiro para realizar un reparto masivo de salvamanteis con pasatempos da revista A píllara, editada polo Concello de Carballo coa colaboración da Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG). A primeira edición tivo tanto éxito que pasamos de 20.000 a 50.000 unidades.

O obxectivo é que mentres agarda por unha tapa, unha ración ou un xantar, a clientela poida entreterse e exercitar o uso da nosa lingua facendo unha sopa de letras ou un anagrama. Xa hai, a través Asociación de Hostalaría de Carballo, unha ducia de establecementos colaboradores, pero a proposta está aberta á participación dos/as empresarios/as interesados/as, formen parte ou non da entidade. O único que teñen que facer é achegarse ata o mercado municipal en horario de tarde (a partir das 18.00 horas) e solicitalos na conserxería. Se precisan máis información poden poñerse en contacto co Servizo de Normalización Lingüística a través do enderezo electrónico [email protected]. Todas as peticións serán aceptadas e incluso se irán repoñendo os salvamanteis ata fin de existencias. 

Máis novas

Comentarios