Domingo. 28.04.2024
El tiempo

A I Liga de Regueifa disputarase nos bares de Carballo

Lupe Blanco e Antonio de Xornes na taberna o Mexillón, un dos berces da regueifa carballesa
A I Liga de Regueifa disputarase nos bares de Carballo

De valor incalculable a campaña que está facendo o Concello de Carballo por manter viva a regueifa de Bergantiños. Ademais da Escola da Regueifa, os certames realizados, e a participación en proxectos nacionais como o Enreguéifate, a Concellaría de Normalización Lingüística lanza, a través do Servizo de Normalización Lingüística, a I Liga da Regueifa de Carballo.

A Liga da Regueifa consistirá nunha competición por parellas, que se formarán ao chou, nun sorteo entre todas as persoas inscritas. Os terreos de xogo serán os establecementos de hostalaría que se sumen á actividade como colaboradores, e que ao longo do mes de maio, todos os sábados, a partir das 20.00 horas, acollerán as distintas eliminatorias.

Ademais de pasar un bo momento, para os gañadores e/ou as gañadoras haberá dous agasallos que non poden faltar nunha regueifa tradicional: pan de ovo nas disputas parciais e, por suposto, unha boneca para a persoa gañadora

liga de regueifa

Podes inscribirte ou, se o precisas, pedir máis información a través do enderezo electrónico [email protected].

Máis novas

Comentarios