Incendiada unha furgoneta no aparcadoiro dun hotel carballés

10:11 05/06/24
Novo suceso en Carballo esta pasada madrugada. Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Carballo eran alertados ao redor das 04:00 horas por dun incendio que afectou a unha furgoneta no aparcadoiro do hotel carballés Punta del Este.
Á chegada dos bombeiros o vehículo estaba a arder con intensidade, polo que se procedeu á súa extinción debido a que xa comezara a verter combustible. O lume tamén afectou a dous automóbiles estacionados ao lado da furgoneta.
No operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Carballo.