Incendio na fachada dun edificio na rúa da Igrexa de Carballo

10:23 17/01/25
Os bombeiros do parque Provincial de Carballo foron alertados arredor das 19:40 da tarde de onte, 16 de xaneiro, dun incendio que afectou aos cables dunha fachada dun edificio na rúa da Igrexa, en Carballo.
Os bombeiros provinciais sufocaron as lapas e desaloxaron a todos os residentes do edificio ao exterior como medida de prevención. Ademais, procederon a cortar a subministración de gas.
Unha vez apagadas as chamas, revisaron cada unha das vivendas, comprobando que todo estaba correctamente no seu interior.
Completaron o operativo a Policía Local, a Garda Civil e o SMPC de Carballo.