Sábado. 27.07.2024
El tiempo

Sufocan un incendio nun comercio da rúa Poniente de Carballo

CONSORCIO - INCENDIO CARBALLO
Sufocan un incendio nun comercio da rúa Poniente de Carballo

Os bombeiros do parque comarcal provincial de Carballo recibiron no mediodía de onte, luns 13 de maio, unha chamada alertando dun incendio nun comercio do casco urbano do concello de Carballo.

A incidencia, localizada na rúa Poniente afectou a unha tenda, provocando o desaloxo dos habitantes do edificio. A intervención consistiu na extinción do lume no local comercial e na instalación posterior dun ventilador no exterior para reducir a temperatura. Finalmente realizouse unha revisión e ventilado dos pisos do edificio que foron afectados.

No operativo participaron Policía Local, Garda Civil e Protecciñon Civil de Carballo.

Comentarios