Lumieira pon nas librarías un novo libro de Xan Fraga sobre o urbanismo carballés
![libro urbanismo Xan Fraga-Lumieira](/asset/thumbnail,992,558,center,center/media/quepasanacosta/images/2020/08/26/2020082610355830746.jpg)
12:36 26/08/20
”Arquitectura e urbanismo. Unha ucronía carballesa” é o novo libro de Xan Fraga Rodríguez. Editado por A.C. Lumieira, o libro xa está en todas as librarías de Carballo.
O autor considera que “necesitamos unha lei de memoría histórica Carballesa”, para rescatar do esquecemento “a memria do construído e o que xa non está”.
Neste libro Xan investiga sobre arquitectura e urbanismo e arquitectura industrial a fin de que esa cultura poida ser difundida para o seu coñecemento entre tod@s @s habitantes e contribúir á difusión da relevancia dos arquitectos que deixaron pegada en Carballo.