venres. 09.05.2025
El tiempo

Máis de 1270 debuxos participan no concurso de Cartel e Postal de Nadal do concello de Carballo

Máis de 1270 debuxos participan no concurso de Cartel e Postal de Nadal do concello de Carballo
cartel-nadal-carballo O xurado do concurso do Cartel e Postal de Nadal 2017 reuniuse onte no Pazo da Cultura de Carballo A postal de nadal realizada por David Nogareda Regueira, un alumno de 11 anos do CEIP A Cristina, será a imaxe que empregue o concello de Carballo para estas datas despois da resolución do xurado do concurso do Cartel e Postal de Nadal 2017, convocado pola concellería de Cultura de Carballo. En total participaron 1274 debuxos de alumnos e alumnas pertencentes aos distintos centros educativos do municipio: CEIP Bergantiños, CRA Ponte da Pedra Xoane, CEIP Fogar, CEIP Xesús San Luís Romero, CEIP Nétoma-Razo, CEIP Gándara-Sofán, CRA Ponte da Pedra Sísamo, CRA Ponte da Pedra Rega-Bértoa, CRA Ponte da Pedra Berdillo, CEIP A Cristina, EI As Landras, CRA Ponte da Pedra Artes, CRA Ponte da Pedra Cances e Colexio Artai. O xurado estivo constituído por alumnado dos centros de ensino CEIP San Luís Romero e CEIP A Cristina, un representante da coral polifónica de Carballo - José Fraga -; unha artista local - Emi Rodríguez De Las Heras -; e en nome do concello de Carballo, o Concelleiro de Cultura - Marcos Trigo - e a animadora cultural - Carmen Castro -. Premios A postal gañadora recibirá un regalo valorado en 175 € aproximadamente e, tal e como se recolle nas bases, o centro educativo ao que pertence, (CEIP A Cristina) outorgaráselle un premio por valor de 150 € en material didáctico. En segundo lugar, resultou elixido como 2º premio valorado en 100€ o cartel presentado por David Castiñeiras López, de 6 anos do CEIP Gándara-Sofán. Ademais, concédense os seguintes accésits, que recibirán un premio por un valor aproximadamente de 60€ a Paula Blanco Fernández (3 anos, do CRA Ponte da Pedra-Cances), Noa López Rodríguez (11 anos, do CEIP Bergantiños), Chloe Souto Ávila (de 11 anos, do CEIP A Cristina), María Lobera Lista (de 7 anos, do CEIP Nétoma-Razo), Noa Pena Vázquez (de 10 anos, do CEIP A Cristina). O cartel distribuirase polas rúas e comercios de Carballo e a tarxeta de felicitación será a que felicite as Festas do Nadal desde o Concello, así como portada do programa do Nadal Cultural que recolle tódolos actos culturais que se celebran durante o Nadal en Carballo.   Novas relacionadas

Comentarios