Marcos Rodríguez repite, por terceiro ano, como Fotógrafo Europeo do ano en categoría de Reportaxe

Continúa arrasando a cada certame ao que se presenta. Desta volta volveu recibir a Cámara de Ouro nos "European Photographer of the Year Awards". E xa é a terceira vez consecutiva que que leva un dos premios aos mellores fotógrafos europeos do ano foron outorgados pola FEP (Federación Europea de Fotografía).
Desta volta non puido asistir á gala de entrega celebrada en Innsbruck (Austria) e no seu nome subiu ao estrado Kseniya Labed (presidenta da Federación Rusa e amiga do fotógrafo galardonado). Esta desculpou a ausencia do carballés debido a unha enfermidade que está superando o seu fillo Pepe, a quen dedicou o premio ante a gran ovación do público asistente.
O premio outórgase pola puntuación media de tres fotografías e MR recibiu o máximo galardón por dúas imaxes tomadas en Costa de Marfil (en Abidjan e Grand Lahou) e outra tomada en Vimanzo. O traballo de Marcos transcende o ámbito local e serve de forma indirecta para promocionar Costa da Morte polo mundo, xa que moitas das súas fotografías premiadas están feitas aquí.
Esta é a terceira vez que Marcos se fai con este prestixioso recoñecemento internacional. Recibiu a Golden Camera en 2017 (Sicilia) e en 2018 (Dublín).
O carballés Marcos Rodríguez leva desde 2009 exercendo como profesional da fotografía en Cee (Costa da Morte). A cámara de Marcos foi durante estes anos testemuña do devir social e cultural da comarca. "Miradas de Marfil" é un dos seus últimos traballos, unha exposición itinerante con algunhas de fotografías froito da súa viaxe a Costa de Marfil coa ONG Égueire. A exposición estivo en salas emblemáticas de Galicia como Fonseca ou a Sala de Exposicións de Abanca en Santiago de Compostela, tamén no Colexio de Médicos da Coruña, Centro Cívico de Arteixo e máis recientemente no Pazo da Cultura de Carballo. A partir do luns 18 de marzo poderá visitarse na Casa de Cultura de Cee.
A traxectoria de Marcos Rodríguez é o resultado da súa procura constante da excelencia, a creatividade e a innovación; apostando pola formación continua e pola utilización de novas técnicas e tecnoloxías que lle permiten traballar desde a Costa dá Morte e que o seu traballo chegue a calquera punto do mundo.
Estas son as fotos marfileñas que, xunto a vimiancesa, serviron para que MR traia este novo premio á Costa da Morte.
Máis novas
- Novembro 18: Marcos Rodríguez segue sumando recoñecementos: X Premio Principado de Asturias de Fotografía en Libre Creación.
- Marzo 18: Marcos Rodríguez revalida o título de Fotógrafo Europeo do Ano.
- Febreiro 18:Marcos Rodríguez volve á final da “Eurocopa” de fotografía.
- Outubro 17: Marcos Rodríguez xa é todo un Maestro Fotógrafo.
- Abril 17: MR: A Cámara de Ouro da fotografía europea é costeira.
- Marzo 17: A Federación Española de Fotógrafos concédelle dous novos recoñecementos a Marcos Rodríguez.
- Marzo 17: Marcos Rodríguez, o fotógrafo máis internacional da historia da Costa da Morte, expoñendo na casa
- Febreiro 17: Marcos Rodríguez aspira a gañar a Cámara de Ouro dos Fotógrafos Europeos
- Decembro 16: Marcos Rodríguez representará por terceira vez a España no Mundial de Fotografía.
- Outubro 16: Marcos Rodríguez, “Fotografo Distinguido” e doble “Fotógrafo do ano” pola FEPFI.
- Febrero 16: MR, no Top Ten dos Fotógrafos Europeos.
- Xuño 16: Marcos Rodríguez homenaxea á xente da Costa da Morte a través dunha exposición de fotografía
- Xaneiro 16: Marcos Rodríguez, de nominación en nominación
- Xaneiro 16: Marcos Rodríguez aspira a convertirse no Quijote da fotografía estatal.
- Decembro 15: “Repetir a medalla de Prata da Copa do Mundo de Fotografía antóxase difícil, pero soñar é gratis”.
- Abril 15: “Gañar a medalla de prata nunha Copa do Mundo de Fotografía cunha imaxe da Costa da Morte… Emocióname”.