Domingo. 06.10.2024
El tiempo

O “Merca e Dillo” de Carballo fica nos comercios pero mantén os mellores prezos posibles

mercadillo CCA Carballo
mercadillo CCA Carballo
O “Merca e Dillo” de Carballo fica nos comercios pero mantén os mellores prezos posibles

Do 28 ao 30 de agosto, coincidindo coo Berocasión, chega unha nova edición do Mercadillo do Centro Comercial Aberto de Carballo. Unha edición especial, pois a organización deciciu que o desenvolvemento sexa directamente nos comercios, para evitar as aglomeracións, reforzando así a idea de “comercio seguro”, como explicaba onte na presentación o presidente do CCA, Ricardo Pallas.

mercadillo_cca

Iso si, os 31 establecementos participantes _entre eles 5 dos novos 15 socios que veñen de facerse a través dunha campaña de captación_ manterán as ofertas e os prezos, estando abertos o venres e o sábado de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:30 horas, e o domingo, de 10:00 a 14:00.

Entre as novidades tamén figura un sorteo de tres premios de 300 euros, para o cal haberá que gardar os recibos das compras.

Por suposto, lembraron que “hai que cumprir os tres M: Máscara, 2 Metros de distancia e lavado de Mans”.

Novas relacionadas

Comentarios