Mércores. 23.10.2024
El tiempo

A Milagrosa seguirá sen pasarela provisional a pesar de pasar polo Parlamento

Patricia Iglesias 270624 01
Patricia Iglesias no Parlamento
A Milagrosa seguirá sen pasarela provisional a pesar de pasar polo Parlamento

A pesar do escrito presentado no Concello avalado por 47 negocios e 225 particulares, non haberá pasarela. A veciñanza esixe unha pasarela móbil para permitir o acceso a veciños negocios do barrio mentres se desenvolven as obras contra as inundacións no río Anllóns da Milagrosa, que non rematarán polo menos ata novembro.

Pero a resposta da responsable do PP á pregunta formulada pola parlamentaria socialista Patricia Iglesias non foi moi positiva. Iglesias lamentou a “falta de vontade política” amosada polo goberno galego a través de Augas de Galicia, o organismo responsable das obras de reforma da ponte da Milagrosa. Lamentou o “desprezo e desleixo” coa veciñanza afectada por esta actuación, que “ten illado a todo un barrio, á veciñanza e aos negocios, que acumulan perdas insoportables”.

Criticou que o Concello e Augas de Galicia se estean “pasando a pelota” da responsabilidade sobre as dificultades de acceso aos domicilios e aos negocios que están a ver comprometida a súa viabilidade, e lamentou que “uns por outros, a casa sen barrer”.

Sinalou a Augas de Galicia como administración responsable da redacción do proxecto, a contratación e a dirección dos traballos e, polo tanto, debe “articular as medidas correctoras necesarias". Iglesias apuntou que a actuación é “posible e viable”, tanto incrementando o proxecto coa instalación da pasarela como unidade de obra ou ben como obra complementaria, en calquera dos dous casos resolvendo o problema dos veciños e veciñas.

Vertido de pedras
Patricia Iglesias preguntou tamén polas pedras de grandes dimensións que teñen aparecido hai uns días no paso do río Anllóns pola ponte, e preguntou se foron arroxadas sen autorización do órgano de contratación, o que esixiría que “impoñan as sancións pertinentes e as penalidades que se establecen no prego”.

Comentarios