Martes. 19.03.2024
El tiempo

Os minilabregos de Carballo volven ao horto

Horto Ecoloxico infantil de Carballo
Os minilabregos de Carballo volven ao horto

Chega o sol, chega a primavera e volve a actividade ao Horto Infantil Ecolóxico Municipal de Carballo. Faino este mércores con 62 nenos e nenas de 3 anos teñan o seu primeiro contacto coa terra .Uns e outros teñen por diante tres meses claves para sachar, sementar, regar, coidar, e recoller colleita que levarán á Pequefeira o 31 de maio. Un proceso completo que os convertirá en mini labregos.

Ao mesmo tempo, continúa a súa andadura o Horto Viaxeiro, no que participan este curso 2.000 alumnos e alumnas dos colexios Artai, CRA Ponte da Pedra, Fogar, Gándara-Sofán, Nétoma-Razo, Escola Infantil As Landras, CEIP Bergantiños e CEIP Xesús San Luís Romero.

Precisamente os rapaces do Xesús San Luís Romero participaron onte nun encontro interxeracional cos usuarios e usuarias do Centro de Día pertencente á Rede de Centros da Xunta de Galicia. Foi unha festa moi especial, na que os/as maiores e o persoal do centro recibiron aos nenos e nenas cunha regueifa e estes correspondéronlles cun recitado de versos. Despois de intercambiar experiencias e coñecementos, pequenos e maiores despedíronse cunha merenda e un intercambio de agasallos, aínda que o mellor de todos foi poder compartir un anaco desta mañá de venres.

Encontro interxeracional en Carballo

Comentarios