Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Miro Villar leva o seu libro sobre Florencio Delgado ao Espiral Maior Foro

FLORENCIO-DELGADO-GURRIARÁN-Miro-Villar
Miro Villar leva o seu libro sobre Florencio Delgado ao Espiral Maior Foro

Onte foi Miguel Anxo Mato Fondo co seu Sixley no Xuncal da Trabe.

Hoxe, venres 4 de marzo tócalle a Miro Villar, presentar ás 19:30 h., na sede de Espiral Maior Foro (Rúa do Sol, 34, baixo) o libro “Florencio Delgado Gurriarán. Vida e obra dun poeta no exilio mexicano”, publicado por Edicións Xerais e obra do poeta.

Acompañado polo escritor e director de Espiral Maior Foro Miguel Anxo Fernán Vello, Miro afondará sobre Florencio Delgado Gurriarán é a figura literaria celebrada este ano 2022 no Día das Letras Galegas. Miro como recoñecido investigador da literatura galega da emigración e do exilio, ofrece no
presente libro unha biografía e unha achega á obra de Delgado Gurriarán, contemplada dende unha perspectiva didáctica e co ánimo de difundir entre o gran público o legado literario do escritor
exiliado en México.

 

Artigos de Miro Villar en QPC.

Artigos de Miguel Anxo Mato Fondo en QPC.

 

Comentarios