Domingo. 13.10.2024
El tiempo

Miguel Anxo Mato Fondo conta a súa Trave nun novo libro

Miguel Anxo Mato fondo publica en Medulia
Miguel Anxo Mato Fondo conta a súa Trave nun novo libro

Saca novo libro o noso Miguel Anxo Mato Fondo. O poeta pontecesán vén de publicar en Medulia (todo queda na comarca gracias á implicación da cormelá Diana Varela Puñal) “Sisley no xuncal da Trave”.

Un libro (xa se pode atopar nas librarías e na web de Medulia) coa súa coñecida “prosa poética”, con oesía, pintura, música, memoria… na que o autor mestura as súas vivenzas coas paisaxes da comarca.

”O libro nace dunha forma un tanto fragmentaria,. fun escribindo cousas que pertencían máis ao campo da memoria que ao campo dunha narrativa ao uso”, explica entre os chíos dos paxariños da súa aldea. “Ás veces dábame a sensanción de estar escribindo poemas en prosa”. O libro ten unha base na memoria, porque recollo lembranzas da miña infancia na Trave, pero nunca pretendín facer un libro costumista, pero si facer un libro sobre a miña Trave, a Trave que coñecín que vivín, recordada dende a figura dun lector, que son eu, e dende a madurez na vida”. “Fálase de pintura tamén que relaciono cunha zona tan rica en materia ornitolóxica, relacionando as artes coas miñas vivencias. Falo de Cezanne, Monet, Kandinski, Chagall, Brueguel… e claro, o pintor que aparece no título, que é Sisley, porque Sisley é o pintor das inundacións de Port-Marly, e… son eu escribindo sobre aquela agras, xuncais anegados no inverno… coma se fose un pobo da Finlandia, pero non, estando no esteiro do río Anllóns, que é o meu Macondo particular”, cóntanos.

”O libro foi medrando desta forma, ampliándose como a marea que medra”. A historia cobre 5 meses, de estación a estación, para ir viaxando como fixeron poetas, pintores e artistas de todas as épocas.

Novas relacionadas

 

OUTROS ARTIGOS DE MIGUEL ANXO MATO FONDO

Comentarios