martes. 29.07.2025
El tiempo

Mobilizan a doazón de sangue por Bergantiños

20250728 Doazon de sangue Carballo2
Mobilizan a doazón de sangue por Bergantiños

A directora da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), Marisa López García, participou onte na rolda de prensa que tivo lugar no Concello de Carballo para animar á colaboración na campaña de Verán “Non esquezas doar antes de veranear”. 

A directora de ADOS destacou a importancia da doazón nestas datas estivais, e convidaou a todos os veciños e veciñas a participar nesta campaña que achega a doazón a distintos puntos da xeografía galega, co obxectivo de acadar as 27.000 doazóns que precisan os hospitais galegos para axudar a milleiros de doentes durante este período. 

Para atender a todas as persoas que desexen doar, a unidade móbil de ADOS estará situada na Praza do Concello o próximo xoves e venres de 10:00 a 14:00h e de 16:00 a 21:00h, e o sábado de 10:00 a 15:00h.

Solidariedade 

No pasado ano 2024, o concello de Carballo acadou 1.205 doazóns de sangue, cunha taxa de 38 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano, a mesma que obtivo o municipio no 2023.

Para máis información esta dispoñible a paxina web de ADOS: www.ados.sergas.gal,  e tamén nas redes sociais, no Facebook, no IG @doadoressangue ou no Youtube.

E un teléfono gratuíto de información, 900 100 828 para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles. 

Comentarios