Venres. 03.05.2024
El tiempo

Unha nova mostra de gravado no Pazo da Cultura de Carballo

CARTAZ Arte Gráfica Jesús Núñez_Carballo
Unha nova mostra de gravado no Pazo da Cultura de Carballo

Dende onte, 16 de febreiro, e ata o 03 de marzo, o Pazo da Cultura acolle unha mostra cunha selección de obras de gravado calcográfico, litografía, serigrafía, xilografía e as súas derivacións escollidas polo xurado da XVII edición deste certame convocado anualmente pola Deputación da Coruña en homenaxe á obra do artista Jesus Núñez.

A participación de 140 obras chegadas de 20 países distintos do mundo é indicativa do prestixio e repercusión internacional desta iniciativa na arte gráfica.

Na mostra poderemos desfrutar dunha selección entre a que se atopa a obra gañadora, a serigrafía Ikatz / Harri II da artista vasca Myriam Gesalaga Eizaguirre, obra que o xurado seleccionou pola “adecuación entre o discurso e a técnica, unha imaxe con moita potencia e á mesma vez elegante e suxestiva”, ademais dos Accésits de Fátima Conesa e Claudia Regueira e as Mencións de honra de Miriana Pino e Joan Polo.

Comentarios