Novas melloras para rede de hidrantes para incendios do Polígono de Bértoa
11:36 10/11/20
Completáronse as obras de mellora da rede de hidrantes para incendios no polígono de Bértoa. Así o anunciou a Xunta, coa visita do delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde Evencio Ferrero e o Concelleiro de Obras Luís Lamas.
As obras permitiron ademais substituír un tramo da rede de abastecemento no entorno da rotonda de acceso ao polígono.
A Xunta aportou case o 80% do orzamento e o resto, ata os 86.500 euros, correu a cargo do Concello que foi o encargado de contratar e de executar a actuación.