O CEIP Bergantiños poderá acoller a 225 alumnos máis
Onte tiñan visita institucional no CEIP Bergantiños. I é que as autoridades tiñan que botar a foto tralas obras acometidas no CEIP de Bergantiños. Unhas obras de ampliación do aulario de Educación Infantil que dotarán ao centro de nove aulas e capacidade para 225 novos alumnos e alumnas, para as que a Xunta aportou 1,14 millóns de euros.
Neste momento, o centro xa está en condición de abrir as súas portas, e grazas a esta ampliación o CEIP Bergantiños conta cunha nova construción, situada na mesma parcela do colexio, que acolle as novas instalacións. Pero a apertura non se realizará ata o curso 2014-2015.
Este espazo esta dividido en 9 aulas dispostas arredor dun patio-xardín cuberto con aseos para nenos e nenas, aseo e sala de profesores, un aula de usos múltiples e psicomotricidade, así como as zonas de acceso e almacenamentos.
Mesmo número de profesores
O que non aumentará, a pesar do incremento de alumnos, será o número de mestres. O Conselleiro Vázquez Abad explicou que "polo de agora non está prevista a dotación de novo persoal, xa que nestes momentos o profesorado sería suficiente para atender as necesidades do alumnado".
Novas relacionadas
- O IES Parga Pondal, de Carballo, gaña a fase de zona do Club de Debate.
- Os peques de Carballo son os primeiros en aprender sobre fragas con Senda Nova.
- Graffitis que humanizan Carballo.