Mércores. 08.05.2024
El tiempo

O Círculo Feminista de Carballo volve á rúa polo 8M

8m Circulo Carballo 2022
O Círculo Feminista de Carballo volve á rúa polo 8M

O pasado venres mantiñan unha xuntanza e xa concretaron nova concentración. Volve, tras case dous anos de confinamento, o Círculo Feminista de Carballo á rúa polo 8 de marzo. Faino o propio martes 8 de marzo cunha concentración tuidosa na Praza do Concello de Carballo ás 20:00 horas.

As bravas mulleres de Bergantiños farán soar potas e pandeiretas para “condenar a violencia económica, o teito de cristal, a fenda salarial e o chan pegañento ao que nos vemos expostas no mundo laboral”.

Volven á rúa para “reclamar unha xustiza con perspectiva de xénero neste estado, para condenar os 12 feminicidios que se cometeron no que levamos de 2022. Para lembrar que queremos seguir vivas e libres”.

Comentarios