![carballo-por-etapas]()
O concello destina un importe máximo de 52.000€
A Xunta de Goberno Local do concello de Carballo aprobou onte as bases da convocatoria de subvencións a entidades empresariais para actividades de promoción económica, unha nova acción de dinamización do comercio de proximidade e da hostalaría impulsada polo departamento que dirixe Xosé Regueira. As axudas concederanse, en réxime de concorrencia competitiva, para accións de dinamización, programas de formación e actividades de promoción económica desenvolvidos ao longo do ano 2017, e ata
un importe máximo total de 52.000 euros.
Poderán concorrer á convocatoria as entidades empresariais xuridicamente constituídas que carezan de fins de lucro, teñan a súa sede social en Carballo e desenvolvan a súa actividade no municipio, estean inscritas no rexistro municipal de asociacións e ao corrente das súas obrigas fiscais e non ter pendente de xustificar ningunha axuda económica concedida anteriormente polo concello. As bases completas, así como o modelo de solicitude, serán publicados nos próximos días.
Máis axudas
Na xuntanza de onte tamén se aprovaron as bases da convocatoria de
subvencións para a realización de viaxes escolares ao longo deste ano. Neste caso, o importe das axudas dependerá do número de alumnos e alumnas do centro e oscilará entre 300 e 660 euros ata un máximo de 6.340 euros. En materia educativa, a Xunta de goberno kocal aprobou un convenio co IES Maximino Romero de Lema de Baio para acoller a un alumno en prácticas ata o 23 de xuño.
Por outra banda, o executivo deu o seu visto bo ao convenio entre o concello de Carballo e a Deputación da Coruña para o
financiamento das obras de mellora da rede viaria do polígono de Bértoa, así como a outro acordo con Escolas Balonmán Xiria para a
celebración do Carballo Handball Festival. Tamén foi aprobado o
Convenio Musical, ao que se adheriron un total de 33 agrupacións.
En materia de contratación foron adxudicados os traballos de formulación da estratexia de mellora e xestión do espazo público urbano de Carballo á UTE formada por Tema Ingeniería S.L. e Iplan Movilidad, por un importe de 59.895 euros; as obras de reurbanización da zona do CEIP San Luís Romero serán executadas por Construcciones López Cao S.L. por 188.155 euros; o contrato de mantemento dos ascensores recaeu en Ascensores Cume 24 S.L., por 14.737,80 euros, e o de control de pragas urbanas, en Isidro Rodríguez Ponte, por 10.890 euros.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Carballo