Mércores. 16.10.2024
El tiempo

O Monte Neme acolle este verán varias xornadas astronómicas

O Monte Neme acolle este verán varias xornadas astronómicas
xornadas-monte-neme A plataforma Monte Neme presentou no espazo da Natureza de Oza o programa de actividades deste verán O espazo da natureza de Oza acolleu onte a presentación das "Xornadas Astronómicas do Monte Neme", un programa de actividades de divulgación e observación astronómica promovido pola Plataforma Monte Neme. Serán tres xornadas de actividades de divulgación e observación astronómica que arrancaron onte á noite coa "Andaina da Lúa de Sangue" para observar o eclipse de lúa máis longo do século. A próxima cita será o 11 de agosto para observar dende o alto do Monte Neme para observar a choiva de estrelas Perseidas acompañada das explicacións dos divulgadores José María De la Viña e Jorge Mira. Previamente, esa mesma tarde haberá no local social de Cances unha clase introductoria ao fenómeno para comprendelo mellor da man de José María De la Viña. O programa remata o 24 de agosto coa presentación do libro "Na procura da noite: fotografando o ceo nocturno" no Casino de Carballo, presentado por Santiago Garrido e coas intervencións de Jorge Mira e Ana García, coordinador e coautora da obra. Fonte  

Comentarios