Martes. 23.04.2024
El tiempo

O PP en Carballo pide ao goberno que incremente as axudas ás entidades sociais sen ánimo de lucro

O PP en Carballo pide ao goberno que incremente as axudas ás entidades sociais sen ánimo de lucro
O grupo municipal do Partido Popular en Carballo levará ao próximo pleno unha moción na que se insta ao goberno local a que incremente a partida orzamentaria destinada a subvencionar ás entidades sociais sen ánimo de lucro. Os populares lembran que segundo o informe realizado pola Asociación de Directores e Xerentes de Servizos Sociais, que analiza os orzamentos que os concellos de máis de 20.000 habitantes dedican a Servizos Sociais e Promoción Social, con datos correspondentes ao orzamento liquidado en 2016 que publica o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, "Carballo está entre os 11 municipios galegos que menos presupostos destinan a este fin. En concreto, o consistorio carballés destinou 40,25 euros por habitante, un feito que o converte nun municipio “pobre” en materia de servizos sociais". Casa do Concello de Carballo Os populares consideran que “é certo que en 2017, tras investir 53 euros por habitante nesta materia, Carballo deixa de estar nesa lista” e recoñecen os populares, que, con todo, o seu partido estará pendente do grao de execución desta partida, dado que a última conta xeral presentada e debatida no pleno municipal, e correspondente ao ano 16, demostraba segundo eles "que esa execución a nivel de gasto social “deixaba moito que desexar”. “Temos un goberno local con escasa preocupación en materia social”, apuntan os populares, que puxeron sobre a mesa que, no ano 2017, o importe total de subvencións concedidas ás diferentes asociacións ou entidades sen ánimo de lucro que desenvolven accións en materia de servizos sociais foi de soamente 32.000 euros. Ante esta situación, desde o Partido Popular entenden que é “máis que necesario” que o executivo local aprobe un crédito extraordinario co fin de aumentar estas partidas.

Comentarios