Xoves. 03.10.2024
El tiempo

A Operación Pangono Pangono consegue unha furgoneta para facilitar a mobilidade de estudantes de Malawi

A Asociación Operación Pangono Pangono entregando a Maria Tersa Andrade en Motorhome carballo
A Operación Pangono Pangono consegue unha furgoneta para facilitar a mobilidade de estudantes de Malawi

Fermosa iniciativa a que leva realizando dende hai anos Asociación Operación Pangono Pangono. A solidaria entidade carballesa leva anos xuntando cartos para mellorar a calidade de vida das familias de varias vilas de África.

Esta pasada semana, as instalacións da empresa Nómadas Motorhome, no polígono de Bertoa, tivo lugar a entrega do cheque cos 18.000 € recadados co proxecto #MiniVan_Area49 á Fundación Esteban G.Vigil. Un cheque que servirá para a compra dun Minibus para as mozas da residencia de estudantes da Area 49 de Lilongwe, en Malawi. Con esta furgoneta, as rapazas poderán desprazarse cada día aos seus centros de estudos repartidos pola capital do país africano de Malawi.

A entrega do cheque foi realizado pola xerente da Empresa Nómadas Motorhom, Lucía Figueiras, e e a directiva da Asociación Operación Pangono Pangono. E foi recollido pola misioneira María Teresa Andrade Pérez, natural de Ponteceso, que se atopa estes días de vacacións na súa casa natal.

María Teresa Andrade, misioneira desde fai máis de 50 anos por países de todo o mundo e expresidenta da Fundación Esteban G.Vigil, quixo agradecer a iniciativa da Empresa Nómadas Motorhome e destacou a importancia que a residencia de mozas estudantes da Area49 dispoña dunha MiniVan propia e a mellora na educación das mozas estudantes da residencia que vai a supoñer a súa adquisición.

A Asociación Operación Pangono Pangono entregando a Maria Tersa Andrade

A xerente de Nómandas Montorhome, Lucía Figueiras, e Ricardo Baamonde, presidente da asociación Operación Pangono Pangono, agradeceron todo o apoio recibido para acadar os 18.000 € do proxecto #MiniVan_Area49, especialmente o apoio da comunidade do IES Miraflores de Oleiros, coa celebración do VI Carreira da Luz e que recadou máis de 6.000 € para o proxecto.

Comentarios