Sábado. 07.09.2024
El tiempo

Orange despregará a súa fibra óptica en Carballo

Orange despregará a súa fibra óptica en Carballo
fibra optica orange

Orange investirá 1,8 millóns de euros para facer chegar a fibra óptica a todos os fogares de Carballo. A operadora inicia o despregamento dunha rede 4G e de fibra óptica para que os máis de 11.400 negocios e vivendas da poboación poidan acceder á última xeración de comunicacións fixas.

A compañía prevé executar a maior parte deste proxecto durante o ano 2017.

Este investimento de Orange en infraestruturas de fibra óptica súmase á que a compañía está a realizar para o lanzamento dos servizos móbiles 4G no municipio, ao que a compañía destinou xa 600.000 euros. Grazas a iso, máis do 80% dos carballeses pode tamén gozar da máxima velocidade en transferencia de datos móbiles.

Fonte

Comentarios