luns. 01.06.2026
El tiempo

O orgullo rural e interxeracional da ANPA A Carballeira do CRA Ponte da Pedra recibe un premio das ANPAS Galegas

ANPA A Carballeira CRA Carballo co premio das Anpas Galegas
O orgullo rural e interxeracional da ANPA A Carballeira do CRA Ponte da Pedra recibe un premio das ANPAS Galegas

Vén de recibir un premio a familia da ANPA A Carballeira do CRA Ponte da Pedra de Carballo. O proxecto "Avoíña dime ti", vén de recibir o 3º premio do concurso audiovisual "Somos rural", convocado por ANPAS Galegas.

Un proxecto de orgullo rural que tratou de "poñer en valor o traballo que realizan as mulleres no rural, recoñecendo que son  pezas fundamentais na transmisión de valores, oficios e actividades... Somos privilexiadas por poder medrar nun entorno con tanta riqueza inmaterial, que moitas veces coñecemos a través das historias que nos contan na casa e das labores que realizamos en conxunto coas nosas familias e veciñanza", explican dende a ANPA.

Dende a ANPA agradecen a colaboración a todo o equipo docente do CRA Ponte da Pedra, ás familias participantes e a Aaron Antelo Carracedo, Francisco Iglesias Vázquez e Gema Santos Custodio polas súas achegas altruístas.

 

Comentarios