Limpando un mar de pequenos plásticos

  • As limpezas dos centros de ensino de Baio, Fisterra e Muros foron adiadas polo mal tempo

O mal tempo durante o pasado venres impediu que os centros de ensino de Baio, Fisterra e Muros puidesen participar na VIII Limpeza Simultánea de Praias que organiza ADEGA. En principio, e a falta de confirmación oficial, a sesión de limpeza e concienciación ambiental podería realizarse este venres 25, para darlle un bo repaso ás praias de Traba, Talón, San Francisco e Boca do Río.

A que xa quedou moito máis limpa foi a praia de Baldaio, pois @s brav@s voluntari@s de Senda Nova non sucumbrion ao tempo e acodiron á chamada cívica. Por primeira vez utilizaron unha APP para ir anotando todo o lixo recollido e ter datos así máis reais para analizar. Foron en total 50kg de lixo, entre eles varios tubos enormes.

Mar de microplásticos

Pero o que chamou a atención foi a gran presenza de microplásticos, ademais imposibles de recoller a man.Os bastonciños de sempre, tapóns, boliñas… que practicamente formaban un chan de plástico enriba da vexetación da zona. “Unha situación moi preocupante e sobre todo que produce unha angustia e unha frustración moi grande, ao ver que a pesares de estar poñendo todos os esforzos en retirar este lixo, é totalmente imposible realizalo”, valoran dende Senda Nova.

En todo caso, un pouco máis limpa ficou a lagoa, e a sesión de concienciación tamén foi máis que válida. Tocará seguir facendo.

NOVAS RELACIONADAS

LIMPEZAS VOLUNTARIAS DE 2019