Venres. 29.03.2024
El tiempo

O alumnado do Manuela Rial conciencia a toda a cidadanía limpando a praia da Concha

Alumnado do Manuela Rial limpando a praia da Concha
Alumnado do Manuela Rial limpando a praia da Concha
O alumnado do Manuela Rial conciencia a toda a cidadanía limpando a praia da Concha

Que o estado da praia de Cee era unha vergoña para toda unha comarca era algo máis que comentado. E unha e outra vez ten que ser a sociedade a que se involucre na súa limpeza. Desta volta a cousa ten máis mérito, pois os voluntari@s que peitearon a praia da Concha foron os alumnos e alumnas do CPR Manuela Rial de Cee. Da da mestra Alba Vieites, realizaron onte unha fantástica acción concienciación sobre a redución do consumo de plástico, e de paso, deixaron o areal moito máis visible.

Foron un total de 32 alumn@s de 5º de EP as que convertiron o reto, o challenge "Trashtag" que promocionan as redes sociais, nunha xornada útil e sostible. Ademais, a limpeza casa perfectamente cun proxecto de reciclaxe e co desenvolvemento sostible, enmarcado no Plan Proxecta da Xunta de Galicia, que está desenvolvendo o centro de xeito transversal.

Alumnado do Manuela Rial limpando a praia da Concha 2

A xornada, como a limpeza da Illa Lobeira, coincidiu ademais co Día mundial dos oceanos, que se celebraba o día 8 de xuño, de aí o marco perfecto para limpar unha das praias máis contaminadas da nosa costa.

Ao recolleren tanta cantidade de plástico, a rapazada puido comprobar de primeira man a importancia da reciclaxe e a redución do plástico. Ao mesmo tempo queren aproveitar a acción para concienciar a toda a sociedade e intentar promover este movemento social.

”Foi unha xornada satisfactoria, xa que estabamos moi orgullosos por poder recoller todo o lixo que atopabamos, pero á vez, sentiamonos tristes porque a sociedade ten moito que cambiar, xa que día a día, facemos que o noso medio esté máis contaminado”, explica Alba Vieites. “Como mestra, o que teño claro, é que esta xeración de alumnos/alumnas, ten moitas gañas de cambiar a sociedade e poder salvar o noso planeta”.

Foto de familia do CEIP Manuela Rial limpando a praia da Concha

O proxecto continúa en marcha, pois o alumnado está tan motivado, que incluso crearon brigadas de reciclaxe para fomentar e supervisar a reciclaxe nas horas do patio. Ademais teñen feito ata unha parodia da coñecida canción "Calma" sobre a reciclaxe, para concienciar a toda a sociedade, que amosan no blog da aula: alimentosvivosdequinto.blogspot.com, onde publican todo o traballo que van facendo ao longo do curso en relación ao noso proxecto.

Máis novas

 

Comentarios