Martes. 23.04.2024
El tiempo

5 praias da comarca ficarán máis limpas ca Limpeza Simultánea de ADEGA

Alumnos do IES Maximino Romero de Lema nunha das pasadas Limpezas Simultáneas na praia de Laxe
5 praias da comarca ficarán máis limpas ca Limpeza Simultánea de ADEGA

O ano pasado foron máis de 500 persoas as que retiraron das praias máis de 4.000 quilos de residuos, sendo a Costa da Morte unha das comarcas máis implicadas. Este ano, a metade das entidades que participan na VIII Limpeza Simultánea de Praias que artella ADEGA son da Costa da Morte. Colectivos, Concellos e centros de ensino vólcanse con estas accións directas de limpeza e concienciación ambiental, claves para coidar o medioambiente e sensibilizar sobre a problemática do lixo mariño pon en grave perigo a supervivencia dos seres vivos que habitan os océanos.

Estas son as citas as que te poderás unir esta fin de semana se tes gañas de limpar.

CONCELLO COLECTIVO COLABORA MAIL DÍA - HORA PRAIA
Carballo Senda Nova Concello de Carballo [email protected] 19 out- 11 a 13 h. As Saiñas
Carnota Concello de Carnota [email protected]  
Fisterra 18 Centros de ensino Concello de Fisterra [email protected] 19 out Talón
A Laracha CEIP de Caion [email protected]   18 out- 10 a 13 h. Caión
Laxe IES Maximino Romero de Lema [email protected]   18 out- 10 a 13 h. Traba
Muros CEIP plurilingüe de Louro,
IES As Insuas,
Asoc. Mariscadoras
Concello de Muros [email protected]  18 out- 10.30 h. San Francisco

NOVAS RELACIONADAS

LIMPEZAS VOLUNTARIAS DE 2019

Comentarios