Un Paso Máis abre a inscrición para as actividades extraescolares inclusivas do novo curso

A Agrupación Deportiva Un Paso Máis vén de abrir o período de inscrición para as actividades extraescolares do curso 2025-2026.
As sesións manterán o mesmo horario e localización do curso pasado: os martes e venres de 17:00 a 18:00 horas no ximnasio do CEIP Xesús San Luis Romero, en Carballo. Ofertanse 10 prazas para cada grupo.
O obxectivo destas actividades é que as nenas e nenos poidan gozar, aprender e medrar a través do ocio e do deporte, nun ambiente divertido e participativo. Para participar nas actividades extraescolares non é necesario ser socio da agrupación.
Ademais, tamén está aberta a inscrición para participar na Carreira ENKI, que terá lugar na cidade da Coruña. Igual que na pasada edición, a asociación participará en grupo e poñerá a disposición das persoas interesadas un autobús para desprazarse ata a proba. Neste caso, para anotarse ao grupo de Un Paso Máis é preciso ser socio/a.
Tanto para inscribirse nas actividades extraescolares como na carreira ENKI, a xestión faise a través da páxina web www.unpasomais.org
ou ben escribindo ao correo electrónico: info@unpasomais.org