Domingo. 19.05.2024
El tiempo

Un Paso Máis visibiliza o deporte adaptado nas aulas e no cine

Cine Adaptado en Carballo con Un Paso Mais
A familia de Un Paso Mais nos Cines Carballo
Un Paso Máis visibiliza o deporte adaptado nas aulas e no cine

Semana importante para a familia da Agrupación Un Paso Máis, visibilizando nas aulas e no cine o deporte adaptado. Un proceso, o de visibilizar, que se convirte na mellor ferramenta de comprensión e inclusión.

Un Paso Mais no CEIP Fogar
Un Paso Máis no CEIP Fogar

Ao longo da semana realizaron 3 xornadas de visita ao CEIP Fogar de Carballo, dándolle a oportunidade a máis de 300 escolares de 2º, 4º e 6º cursos de experimentar e entender o que significa vivir con algunha discapacidade.
Así, realizaron varias actividades que incluíron Goalball, mímica, carreiras con limitación de mobilidade e baloncesto en cadeira de rodas, nos que os participantes se puideron poñer na pel das persoas que sofren algunha discapacidade no seu día a día. Aprenderon que, con perseveranza e esforzo, poden facer exactamente o mesmo que os demais, aínda que iso signifique dar “Un Paso Máis”.

”Estamos moi orgullosos do traballo realizado e da resposta positiva dos estudantes. Creemos firmemente que estas experiencias contribuirán a fomentar unha sociedade máis inclusiva e comprensiva”, sinalan dende a entidade, que continúa esta senda polos centros de ensino de Carballo este vindeiro martes no CEIP Plurilingüe Nétoma-Razo.

No Cine

Ademais, esta fin de semana fixeron festa nos cines Carballo, coa primeira e pioneira sesión de cine adaptado. Con todas as prazas habilitadas ocupadas, os máis pequenos gozaron dun filme de animación nun ambiente especialmente preparado para eles, con aforo reducido e condicións de iluminación e son idóneas.

Esta iniciativa, que para algúns nenos e nenas significou a súa primeira experiencia no mundo do cine, resultou ser un éxito total, prometendo futuras edicións deste formato inclusivo e accesible.

Comentarios