Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Pedibús, o “autobús especial” sen rodas, nin fumes, nin problemas de aparcamento que leva ás nen@s ao cole

Pedibus en Carballo para ir ao CEIP Luis Romero
De viaxe no Pedibús para ir ao CEIP Luis Romero
O Pedibús, o “autobús especial” sen rodas, nin fumes, nin problemas de aparcamento que leva ás nen@s ao cole

21 nenos e nenas xa disfrutan dunha camiñada en compañía para ir ao cole cada mañana. A iniciativa do Pedibús botou a andar esta semana para as familias do CEIP Xesús San Luís Romero, permitindo que os peques disfruten dese “autobús especial” sen rodas, nin fumes, nin problemas de aparcamento.

Unha iniciativa que saíu adiante gracias á implicación das familias e do centro educativo, e ás medidas de mellora da accesibilidade, tendo pendente aínda a eliminación de barreiras arquitectónicas no camiño dende a Milagrosa, que comezará en breve.

O concelleiro de Mobilidade, Juan Seoane, uniuse ao grupo de nais e pais que “conducen”, coa axuda da Policía Local, o “autobús sen rodas”. O obxectivo é que rapazada poidan ir andando sos ao colexio, “reducindo deste xeito o tráfico na contorna escolar, fomentando a mobilidade peonil, contribuíndo a incrementar a autonomía infantil e axudando á conciliación e a establecer unha rede de apoio entre as familias participantes”.

“DigiCraft no teu cole”

Digdrag no teu cole-Foto-Codigocero
Foto-CodigoCero

O colexio carballés é o único da Costa da Morte seleccionado para participar no proxecto “DigiCraft no teu cole”, promovido pola Fundación Vodafone España, en colaboración coa Consellería de Educación e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) para reforzar as competencias dixitais do alumnado de 6 a 12 anos.

Dúas profesoras do San Luís Romero participaron onte en Santiago na primeira sesión formativa para impartir o programa nas aulas, acceder aos materiais descargables e recoller as tabletas e kits tecnolóxicos que permitirán a docentes e alumnado desenvolver as actividades.

A metodoloxía DigiCraft é un sistema de aprendizaxe específico baseado no xogo e a experimentación, para axudar á mocidade á adaptarse unha sociedade dixital en rápida evolución e para mostrarlles as posibilidades que o mundo dixital ofrece. 

Novas relacionadas

Comentarios